ABERTAS INSCRICIONS Á FEIRA DE OPORTUNIDADES 2022

CABECERA_FORM_22_2
FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO
_12, 13 e 14 de Agosto 2022_

Horario: 11:00 h. a 14:00 h e 18:00 h. a 23:00 h 

Estimado/a asociado/a, 

Tras 16 anos de éxito da Feira de Oportunidades, damos paso á súa 17ª edición, que este ano terá lugar a fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto na contorna dos Xardíns do Sinal, como ven sendo habitual.

Este evento é un espazo no que as empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña, que desexen participar, terán a posibilidade de baleirar os seus almacéns, ofrecendo os seus STOCKS A PREZOS MOI ATRACTIVOS nunha ampla oferta de produtos onde teñen cabida multitude de sectores e actividades que serán visitadas por milleiros de persoas.

ANÍMATE A PARTICIPAR NA FEIRA

Dalle saída ao teu stock- restos de tempadas anteriores e excedentes de almacén - e consegue liquidez rápidamente para continuar co teu negocio.

Participa nun evento de referencia no Morrazo pola cantidade de público asistente e volumen de vendas.

Aproveita a rentabilidade publicitaria dun evento que será amplamente promocionado en diferentes medios de comunicación.

DATOS DE INTERESE

CANDO? 12, 13 e 14 de agosto 2022

HORARIO 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 23:00 h

ONDE?  Contorna dos Xardíns do Sinal

EXPOSITORES Establecementos comerciais asociados de Bueu, Cangas e Moaña. Postos limitados.

SECTORES Moda, decoración, complementos e agasallos, deportes, infantil, mascotas, material tecnolóxico,...e todo aquel establecemento comercial que cumpla co obxecto da feira.

ORGANIZA FECIMO- COLABORAN Xunta de Galicia - Concello de Cangas e Abanca.

COMO SERÁ O TEU STAND?

TIPO Jaima con lona branca.

TAMAÑO  5 m x 5 m _ 25 metros cadrados aproximadamente.

CHAN  Tarima de madeira illante do chan (opcional) e moqueta feiral.

ESTRUCTURA Tabiques de madeira de pallet.

INSTALACIÓN Toma de corrente e iluminación mediante focos con cadro independente.

IDENTIFICACIÓN Rotulación do nome comercial en lona branca instalada na parte superior da jaima.

OUTROS PROBADORES, para aqueles expositores que o precisen.

PREZO DE PARTICIPACIÓN

JAIMA BÁSICA: 300 €

JAIMA COMPLETA:  450 €

(jaima básica + tarima de madeira illante)


Data límite de preinscrición: venres, 8 de xullo 2022


QUERO PARTICIPAR NA FEIRA

CONSULTA CONDICIÓNS 2022

logo_fecimo_2

Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo - FECIMO

st-el-auth-bottom

REcibiches este correo como empresa asociada a FECIMO. FECIMO Unsubscribe

Enviado a través de

SendPulse